Sabina Urraca presenta a súa nova novela «El celo» na Libraría NUMAX
A Libraría NUMAX acolle o xoves 19 de setembro ás 20h00 a presentación de «El celo» (Alfaguara) de Sabina Urraca. A autora estará acompañada da escritora Lara Dopazo Ruibal nunha xira galega que a levará tamén á libraría Paz (Pontevedra), á Berbiriana (A Coruña) e á Trama (Lugo). A entrada é libre ata completar aforo.