Samuel Merino presenta «Manual de camuflaxe» en la Librería NUMAX
La Librería NUMAX acoge la presentación de Manual de camuflaxe (Xerais) de Samuel Merino, XIII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey, el miércoles 5 de noviembre a las 19:30h. El autor estará acompañado por la poeta y periodista Pilar G. Rego. La entrada es libre hasta completar aforo.
Manual de camuflaxe é unha expedición creativa que nos envolve e nos interroga, coma unha fenda luminosa. Máis aló da adaptación á contorna, a camuflaxe sinala o paradoxal desexo de ser visto, de ser recoñecido no mesmo medio da disolución. Nesa tensión entre o visíbel e o velado, os versos de Samuel Merino adquiren unha calidade especular, devolvéndonos a nosa propia fraxilidade.
Samuel Merino (Mos, Pontevedra, 1982), licenciado en Filosofía pola USC, é un creador que desenvolve o seu labor arredor dunha poética que leveda na súa formación filosófica e mais na súa experiencia nas artes escénicas. As súas obras adoitan tomar corpo na oralidade secundaria dos recitais e en breves presentacións que transitan os camiños do teatro e da performance. Entre elas destacan: Guantanamera. Poema nun só acto (2021) Con esta hoz / Con esta fouce (2023) Claustro Corda Comensal (2023) e Manual de camuflaxe (2025), XIII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey.
Fotografía do autor: Álex Sobrino.