Luís Valle presenta «Insomnia» na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acolle a presentación de Insomnia (Malafera) de Luís Valle o venres 26 de setembro ás 19:30h. O autor estará acompañado pola escritora e editora Branca Trigo. A entrada é libre ata completar aforo.
Insomnia supón unha nova aposta do selo Malafera pola poesía contemporánea e os formatos híbridos. Con esta obra, que mestura palabra e fotografía nun diálogo poético e visual, Luís Valle mergúllase nas zonas liminares da conciencia, explorando a linguaxe do inconsciente e o medo. Os textos, dun lirismo sintético, afiado e cargado de imaxes viscerais, compleméntanse co traballo fotográfico do propio autor, conformando un conxunto artístico delicado onde a poesía se converte en experiencia estética integral.
Luís Valle (Lugo, 1977) é un poeta, humanista e xestor cultural galego. En conxunto, como autor, comisario, investigador, crítico de arte e tradutor, participou na redacción de máis de corenta libros en galego, castelán, portugués, inglés e chinés, incluíndo dezaoito poemarios en quince volumes; recibindo recoñecementos literarios e artísticos como o Premio Afundación, o Lueiro Rey, o Lorenzo Baleirón ou o Lucus Augusti. Realizou abondosas colaboracións con publicacións periódicas xeralistas e científicas. Dirixiu varias revistas e participou como relator en numerosos encontros e simposios nacionais e internacionais nos ámbitos da literatura, o patrimonio, a museoloxía, a xestión cultural e o desenvolvemento. No que atinxe á creación, os poemarios Fiebre (RIL, 2025), Insomnia (Malafera, 2025) e Somos (Xerais, 2025, en prevenda) son as súas últimas obras individuais publicadas.
- Venres
- Ver máis
-
-
Romería
VO
-
-
Romería
VO
-
-
On Falling
VOSE
-
-
Eddington
VOSE