Jesús Carrasco presenta «El detalle» na Libraría NUMAX
A Libraría NUMAX acolle a presentación de El detalle (Seix Barral) de Jesús Carrasco o martes 9 de xuño ás 19:00h. O autor estará acompañado pola escritora Cecilia F. Santomé. A entrada é libre ata completar aforo.
Levan vinte e tres anos de vida en parella. Teñen dous fillos, dúas hipotecas, un coche grande e demasiado cansazo acumulado. Coa esperanza de animar a relación, el decide ter un detalle romántico con ela regalándolle un viaxe sorpresa a Novo Mesto, a pintoresca cidade eslovena na que se deron o seu primeiro bico. Pero cando chega o día sinalado as cousas non suceden como el imaxinara.
El detalle ofrece unha estampa mordaz dunha época dominada pola présa e a falta de atención e confróntaa cunha relación que, tras anos de convivencia, debería apoiarse precisamente no contrario: a maduración lenta e consciente dun amor construído a partir do coidado, a escoita e a implicación.
Jesús Carrasco segue explorando os conflitos da vida doméstica internándose esta vez no corazón dunha parella na que un xesto mínimo acabará converténdose nunha proba decisiva. E faino coa súa habitual precisión no uso da linguaxe á que suma un sentido do humor tan fino como incisivo, confirmando así a súa capacidade para transformar o cotián nun territorio de revelación moral e literaria.
Jesús Carrasco naceu en Olivenza (Badajoz) en 1972. A súa primeira novela, Intemperie (Seix Barral, 2013), consagrouno como un dos debuts máis deslumbrantes do panorama literario internacional e foi galardoada co Premio Libro do Ano outorgado polo Gremio de Libreiros de Madrid, o de Cultura, Arte e Literatura da Fundación de Estudos RuraIs, O English PEN Award e o Prix Ulysse á Mellor Primeira Novela. Quedou finalista do Premio de Literatura Europea en Holanda e doo Prix Méditerranée Étranger en Francia. Elexida como Libro do Añn por El País en 2013 e seleccionada por The Independent como unha das mellores novelas traducidas de 2014 en Reino Unido. A súa segunda novela, La tierra que pisamos (Seix Barral, 2016), foi galardoada co Premio de Literatura da Unión Europea. O seu seguinte libro, Llévame a casa (Seix Barral, 2021), gañou o XVII Premio Dulce Chacón de Narrativa Española e o Premio Casino de Santiago. Elogio de las manos (Seix Barral, 2024) é a súa última novela, gañadora do Premio Biblioteca Breve 2024.
- Hoxe
- Ver máis