AS CHAIRAS DE MESOPOTAMIA
Todo acontecía na claridade esgazada dalgunha camisa de supervivencia. Unha exuberancia de xesto e de palabra, unha xubilosa tensión de mundo. Debaixo daquel ceo que o aprisionaba, a arte de crear a vida nos círculos de terra defunta arredor. Unha torsión inventiva de sílabas promisorias e de veas devastadas. O seu nome dáballe ós días a cor da esperanza. A onde chegaban os seus pasos, parábase o día na dramaturxia de fragmentos de sombra cos que escribía o resplandor da idea. Luis Pérez Sánchez. Abrazando todo o século XX, unha liña de voz testamentaria fóra do cadro, unha enciclopedia da cosmovisión carnavalesca da cultura popular campesiña en Galicia, a sismografía ao cabo do impronunciable e do permanente.
- Editorial: Toxosoutos |
- Páxinas: 371 |
- Dimensións: 150x210 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 979-13-992230-4-0 |