O misterio do castro de Santa Trega
Unhas vacacións máis, o misterio chama por Antón, Sabela, Iria, Carola e Venres, esta vez na Guarda. Seu pai ten que acudir a un congreso e toda a familia vai acompañalo, pero xusto o día da partida a avoa cae polas escaleiras e a nai queda para coidala no hospital. Ao chegar, descobren que nada é o que parece: quen fixo as reservas dos cuartos? Que é esa presenza estraña que senten de cando en vez? Que hai de certo na lenda da Laxe Sagrada do castro de Santa Trega? E se a avoa realmente non caeu, senón que... a caeron?
Terceira entrega da saga dos Misterios, coa que máis de 30.000 lectoras e lectores xa descubriron as súas habilidades detectivescas!
Terceira entrega da saga dos Misterios, coa que máis de 30.000 lectoras e lectores xa descubriron as súas habilidades detectivescas!
- Editorial: GALAXIA |
- Páginas: 160 |
- Dimensiones: 135x210 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-1176-646-3 |