Horario: De 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30h. Cerramos los martes por la mañana y los domingos todo el día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

COSTAS, LEDICIA

Zodiakids 1. O poder das estrelas

Na véspera do seu décimo aniversario, Estela descobre que o seu sinal de nacemento non era unha simple marca na pel con forma de serpe, senón un zooiko: unha criatura de luz que salta fóra do seu corpo e desata un poder que aínda non sabe controlar.
Mentres intenta entender que lle sucede, atopa un observatorio máxico no subsolo da biblioteca que resulta ser a base de operacións dos Zodiakids: gardiáns do zodíaco que se preparan para unha batalla cósmica. Alí Estela coñece a Leo, Ariel e Santiago, liderados polo Mestre das Estrelas, pero tamén un segredo que ninguén lle quere contar. O seu signo é Ofiúco, o número trece, o máis poderoso... e o máis perigoso.
  • Editorial: Xerais |
  • Páginas: 136 |
  • Dimensiones: 140x195 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-1110-879-9 |