Gobernadores do resío
Imos morrer todos, así comeza Gobernadores do resío, coas palabras desesperadas que unha seca persistente lle arrinca á nai do protagonista. Ese é o estado da xente e da terra á que regresa Manuel tras anos emigrado en Cuba, e del loitará por sacalos a ambos, buscando a auga pero buscando tamén reparar os vencellos rotos durante a súa ausencia. Publicada en 1944, Gobernadores do resío é xa por dereito propio un clásico da literatura haitiana e un referente da literatura suramericana, admirada por autores como Juan Rulfo ou Nicolás Guillén. Unha novela sobre a loita cotiá dun pobo contra as circunstancias adversas que o asedian desde fóra pero tamén contra as adversidades que nacen dentro del.
- Editorial: Irmás cartoné |
- Páxinas: 224 |
- Dimensións: 198x128 |
- Idioma: Galego |
- Tradución: Fariñas Garrote, Beatriz |
- ISBN: 979-13-990947-4-9 |