Horario: De 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30h. Cerramos los martes por la mañana y los domingos todo el día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

O salmón do Ulla

Cada ano, o nobre salmón remonta os ríos galegos para completar o seu ciclo vital, entre eles o Ulla, cos seus afamados coutos salmoneiros.
Os xornalistas e escritores, Miguel Piñeiro e Alberto Torres, ofrécennos un percorrido histórico desde mediados do século pasado, cando Galicia aínda vivía o esplendor da cultura do salmón, ata hoxe, onde se analizan cuestións de senlleira importancia, como a construción dos encoros e a súa influencia negativa nas súas poboacións, a súa evolución, os métodos de estudo e seguimento e a situación actual do salmón no río Ulla.
Un traballo imprescindible para os afeccionados á pesca deste “rei dos ríos galegos”.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páginas: 176 |
  • Dimensiones: 240x210 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-1176-593-0 |