Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Pai

Desde a tenrura, a ilusión e a reflexión, «Pai» explora a aventura da crianza dun fillo neste mundo actual cheo de incertezas. As preguntas, as dúbidas, os medos e os descubrimentos do fillo e do pai vanse abrindo camiño nunha viaxe compartida como un xogo serio que moldea as súas vidas.
«Pai» ofrece unha perspectiva que renuncia aos privilexios masculinos tradicionais e propón un modelo alternativo baseado na ruptura de estereotipos e no compromiso social e emocional.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 84 |
  • Dimensións: 145x220 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1110-805-8 |