Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Galí, Mercè

Pelos e plumas

Un libro de tea diferente para coñecer os animais da granxa. 
“Pelos e plumas” é un libro de tea perfecto para iniciar o hábito da lectura e fortalecer o vínculo co bebé a través da observación e do xogo. Un formato ideal para estimular a curiosidade, a adquisición da linguaxe e a imaxinación de maneira lúdica e próxima ao tempo que se adquire un vocabulario básico relacionado coa vida na granxa. 
As ilustracións sinxelas e atractivas de Mercè Galí mostran algúns dos animais máis coñecidos e próximos -o can, a gata, o galo, o coello...-, compartindo escena cun elemento vexetal que axuda a relacionar esta proposta con “Aletas e burbullas”, libro publicado ao mesmo tempo e dedicado ás especies mariñas. En ambos os casos, o deseño coidado e orixinal diferénciaos doutras propostas para estas idades. 
Un formato seguro e duradeiro, confeccionado en tea lavable e resistente que se presenta nunha atractiva caixa de cartón ideal para regalar.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 8 |
  • Dimensións: 130x130 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1343-422-3 |