Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Galí, Mercè

Aletas e burbullas

Un libro de tea diferente para mergullarnos no fondo do mar. 
“Aletas e burbullas” é un libro de tea perfecto para iniciar o hábito da lectura e fortalecer o vínculo co bebé a través da observación e do xogo. Un formato ideal para estimular a curiosidade, a adquisición da linguaxe e a imaxinación de maneira lúdica e próxima ao tempo que se adquire un vocabulario básico relacionado coa vida mariña. 
As ilustracións sinxelas e atractivas de Mercè Galí mostran algunhas das especies que poboan o océano, compartindo escena cun elemento vexetal que axuda a relacionar esta proposta con “Pelos e plumas”, libro publicado ao mesmo tempo e dedicado aos animais da granxa. En ambos os casos, o deseño coidado e orixinal diferénciaos doutras propostas publicadas para estas idades.
Un formato seguro e duradeiro, confeccionado en tea lavable e resistente que se presenta nunha atractiva caixa de cartón ideal para regalar.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 8 |
  • Dimensións: 130x130 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1343-424-7 |