Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]
A república dos soños
Os lectores teñen nas mans non só un dos títulos máis sobranceiros de Nélida Piñon, tamén un dos fitos da narrativa brasileira contemporánea: A república dos soños, publicada por primeira vez no ano 1984, obtivo o Premio Associaçao de Críticos de Arte de Sao Paulo e o Premio Pen Clube ao mellor libro de ficción. A novela conta a historia de dous rapaces que embarcan en Vigo rumbo ao Brasil. É o ano 1913, o éxodo de emigrantes galegos acabaría por ser unha sangría de máis de millón e medio de persoas que atravesan o Atlántico á procura da súa "república dos soños". Novela intensa e audaz, concibida coa forza tumultuosa desa enorme epopea que foi a emigración a América, Nélida Piñon escribe esta historia dunha maneira engaiolante. Todo un legado de resistencia e vontade por sobrevivir é trasmitido a través dos dous protagonistas, o tiunfador Madruga e o soñador Venancio. Dous xeitos de reflectir as glorias e frustracións dunha experiencia inesquecible e sempre presente na memoria de todos os galegos.
- Editorial: GALAXIA |
- Páxinas: 940 |
- Dimensións: 135x210 |
- Idioma: Galego |
- Tradución: Torres París, María Dolores |
- ISBN: 978-84-8288-767-8 |