Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

(G).SER HUMANOS.(ENSAIO)

Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2024. A estendida idea de que a intelixencia artificial e a máquina van conquistar o mundo, lévanos aos seres humanos a unha posición de derrota. O medo fainos pensar que temos que funcionar como máquinas, desenvolver capacidades maquinais. Por que non adoptar unha postura máis activa e valente: a de ser máis humanos? O obxectivo deste ensaio é abrir o debate, invitar ao diálogo e á reflexión persoal. Que significa ser humano? Non sería preferible seguir sendo seres humanos, afondar na nosa natureza e levala a un nivel superior, en lugar de desafiala e empobrecela?
Temos habilidades moi valiosas e intrinsecamente humanas que non deben quedar obsoletas e que son, por tanto, as mellores aprendizaxes para responder á incerteza, ao cambio constante da nosa contorna e á complexidade dun mundo globalizado e interconectado.
Hai algo onde a tecnoloxía non nos superará: na nosa humanidade.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páginas: 218 |
  • Dimensiones: 150x230 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-1176-392-9 |