
Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]
A industria onte e hoxe
Xoán Carmona e Edelmiro López Iglesias conseguen, grazas á súa análise feita non só con rigor, senón cun novo foco iluminador, botar por terra algúns elementos que mesmo funcionan como un axioma social no ideario colectivo. Á contra do que se di, Galiza é unha economía industrial. Éo desde que existiu industria - onte - e hoxe con maior peso, en Valor Engadido Bruto (VEB) e mais en emprego, que a media española. Xunto con Nafarroa, Rioja e Euskadi fai parte do grupo de economías máis industrializadas de España: somos unha economía cun peso industrial medio/ alto no contexto estatal.
- Editorial: Sermos |
- Páxinas: 68 |
- Dimensións: 120x150 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-09-72145-0 |