
Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]
A loita continúa
A loita continúa é un compendio de actos de fala do poeta Claudio Rodríguez Fer sobre dores, amores e clamores en memoria das cicatrices históricas, na procura de rastros de vida e poesía e en solidariedade co humanismo no que a loita continúa. Trátase dunha poesía integral sobre a vida a través da autenticidade, do coñecemento e da radicalidade. Como apéndice inclúese o esperpento histórico e escénico do Gran Tirano que creamos, que padecemos e que mesmo levamos dentro.
- Editorial: Xerais |
- Páxinas: 96 |
- Dimensións: 145x220 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-9782-162-9 |