Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Lopo, Santiago

A lingua dos grifóns

No continente de Anterga a natureza e as palabras están desaparecendo.
A poeta Viri e o seu irmán Lauro medran nun orfanato onde a lingua antiga só serve para despedir os mortos. Un día reciben un convite misterioso e emprenden unha misión para salvar o mundo, desafiando a opresión que sofre o seu pobo. Entre profecías esquecidas, criaturas fantásticas, desertos de sal e selvas perigosas, Viri e Lauro descubrirán o poder da voz e da memoria.
«A lingua dos grifóns» mergúllanos nunha distopía orixinal, rica en detalles culturais e lingüísticos. Velaquí unha aventura épica e vibrante, chea de maxia, amizade e resistencia, que dá un paso de xigante na fantasía xuvenil galega.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 240 |
  • Dimensións: 130x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1110-874-4 |