Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Costas Álvarez, Ledicia

Soños de Lunaria

En Lunaria, humanos e teriántropos conviven baixo unha suposta paz. Cada dezasete anos, cando as carricantas agroman da terra, celébrase o Sorteo dos Primoxénitos, o que significa que comeza a cacería.
Kiran Lobo, fillo dun humano e dunha lince boreal, foi adestrado para sobrevivir ao Rito dos Condenados: cinco días no bosque fuxindo de cinco bestas. Mais Kiran leva dous anos soñando con ese momento. Por iso sabe que algo está a piques de cambiar.
Mentres o frío da Fabricante de Invernos avanza en silencio e os corazóns se conxelan, Kiran terá que decidir quen é realmente.
Porque en Lunaria amar pode ser máis perigoso que matar.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 288 |
  • Dimensións: 165x235 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1110-856-0 |