Horario: De 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30h. Cerramos los martes por la mañana y los domingos todo el día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Noiticidio

Noiticidio é un poemario escrito en galego, que explora o tema da noite... Máis que un libro podería definirse coma un experimento. Esta antoloxía está concibida como unha viaxe interior a través da noite e defínese coma unha especie de experimento, debido a que foi escrita nunha soa vixilia. Deste xeito, os efectos do cansazo e do insomnio vanse revelando ao longo do poemario e a medida que aumentan as horas en vela, aparecen diferentes sentimentos.
Nesta obra afóndase nas luces e sombras da conciencia, mentres a noite avanza, revelando emocións, pensamentos e imaxes que só existen no illamento voluntario cando o mundo dorme.
  • Editorial: Toxosoutos |
  • Páginas: 83 |
  • Dimensiones: 130x200 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 979-13-991592-5-7 |