Horario: De 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30h. Cerramos los martes por la mañana y los domingos todo el día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Shaloshvili, Natalia

Álex ten vergoña

Unha historia tenra e divertida que convida a superar a timidez e a compartir xogos e afectos. 
Cando Álex chega á casa de Leo para gozar dunha tarde de xogos, encóntrao cheo de enerxía e listo para a acción. Leo quere xogar coa súa amiga aos restaurantes, formar con ela unha banda de rock ou voar xuntos á Lúa. Álex imaxínase preparando esponxosos pasteis, actuando sobre o escenario ou sucando o espazo, pero a súa timidez véncea rapidamente e só desexa volver á casa. Como poderá demostrarlle a Leo que de verdade quere xogar con el? 
Natalia Shaloshvili regresa con outra historia inspirada nas súas propias experiencias infantís dedicada a aqueles nenos e nenas que necesitan máis tempo para socializar. Un álbum cheo de tenrura e humor no que un pequeno cachorro de lobo é capaz de superar a súa vergoña e timidez coa axuda do seu amigo para, por fin, gozar xogando xuntos.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páginas: 32 |
  • Dimensiones: 265x255 |
  • Idioma: Gallego |
  • Traducción: IAGO NICOLÁS |
  • ISBN: 978-84-1343-409-4 |