Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]
Elmer e as baleas
Unha nova aventura do entrañable elefante multicolor, que viaxa ata omar na procura das baleas.Elmer e o seu curmán Wilbur deciden viaxar río abaixo ata o mar paraver as baleas, tal e como fixera o seu avó Eldo cando era novo. Ossimpáticos crocodilos propóñenlles viaxar en balsa polo río, e aosdous elefantes parécelles unha idea fantástica. Mais pronto a súaviaxe se converte nunha aventura moito maior do que esperaban, eencóntranse perdidos no medio do mar... Poderán as baleas axudarlles a volver á terra?Máis de 35 anos despois da publicación dos primeiros títulos da serie, ?Elmer? é xa un clásico da LIX contemporánea, coñecido en todo omundo. Cunhas ilustracións cheas de colorido e co estilo inconfundible de David McKee, esta colección constitúe un recurso imprescindiblepara primeiros lectores que promove a tolerancia e o respecto polodiferente.
- Editorial: Kalandraka Editora |
- Páxinas: 32 |
- Dimensións: 200x230 |
- Idioma: Galego |
- Tradución: González Barreiro, Xosé Manuel |
- ISBN: 978-84-1343-407-0 |