
Mortiña e o cuarto agochado
Todas as casas agochan algún misterio... Sábeo ben Mortiña, que descubriu na biblioteca de Vila Decadente un pasadizo secreto que leva a unha porta cerrada cun estraño pecho. Para descubrir que se oculta aló detrás, Mortiña emprenderá co seu curmán Dilbert e o seu fiel galgo Tristeiro unha viaxe chea de sorpresas e aventuras. Detrás daquela porta, efectivamente, atopará a resposta á única verdadeira pregunta: por que a súa familia é unha familia... zombi?
Unha nova aventura da nena zombi que está facendo esmendrellarse de risa a todo o mundo.
Unha nova aventura da nena zombi que está facendo esmendrellarse de risa a todo o mundo.
- Editorial: Hércules ediciones |
- Páxinas: 72 |
- Dimensións: 140x210 |
- Idioma: castelán |
- Tradución: GÓMEZ PATO, ROSA MARTA |
- Ilustración: Cantini, Barbara |
- ISBN: 978-84-19754-88-2 |