Horario: De 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30h. Cerramos los martes por la mañana y los domingos todo el día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

JUAN ALBERTO TURNES ABELENDA

O papel do Estado

É imprescindíbel coñecer o papel do Estado na economía dunha formación social, mais no caso da economía galega, precisada de dirección asistida, ese rol cobra forma decisiva. Alberto Turnes amósanos de forma mestra o camiño da intervención, orientación, dirección e acompañamento das institucións do Estado na Galiza actual, do que existe e do que sería preciso, contando con vontade política. O punto de partida volve situar o foco na importancia do crecemento económico base do benestar, xunto coa necesidade de determinación política tanto no querer como no saber facer. Os investimentos públicos, a regulamentación/ordenación económicas e o papel redistribuidor do Estado compoñen a análise da política económica existente, en contraste con aquela que sería necesaria no noso país e neste tempo.
  • Editorial: Libros Walden |
  • Páginas: 70 |
  • Dimensiones: 120x150 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-09-76640-6 |