Horario: De 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30h. Cerramos los martes por la mañana y los domingos todo el día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

O ARISTÓCRATA BOËTIUS VON ORLAMÜNDE

Publicada orixinalmente en 1928, esta espléndida novela de formación aborda a decadencia aristocrática en vésperas da Gran Guerra. Partindo de aí, o abano temático axiña se ramifica noutras cuestións igual de interesantes, coma a perda das certezas herdadas e a indagación na identidade propia.

O protagonista, Boëtius von Orlamünde, alumno interno na exclusiva escola de Onderkuhle, ao leste de Bélxica, recibe instrución intelectual e deportiva –equitación, esgrima, natación…–, así como unha esmerada formación en cuestións relativas ao protocolo e a etiqueta, co obxectivo último de perpetuar a orde establecida. Non obstante, o verán de 1913 tornará nun tempo de dolorosas revelacións, cun sistema de valores próximo a desaparecer e cun suxeito que ansía unha vida distinta da que os pais deseñaran para el.

Cun estilo por veces críptico e sempre incisivo, Ernst Weiß analiza polo miúdo a relación dun fillo co seu pai e, aínda que non coa mesma intensidade, tamén coa súa nai e con certas amizades. Faino a través de suxestivas reflexións e cunha inusitada forza expresiva, feito que lle reportou o recoñecemento dos seus colegas e, dende un punto de vista práctico, a concesión do prestixioso premio Adalbert Stifter.

En consecuencia, a novela constitúe un logrado exemplo de bildungsroman da literatura alemá que se conta entre os máis senlleiros de todo o século XX.
  • Editorial: Huguin e Munin |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 979-13-990150-3-4 |