O ARISTÓCRATA BOËTIUS VON ORLAMÜNDE
Publicada orixinalmente en 1928, esta espléndida novela de formación aborda a decadencia aristocrática en vésperas da Gran Guerra. Partindo de aí, o abano temático axiña se ramifica noutras cuestións igual de interesantes, coma a perda das certezas herdadas e a indagación na identidade propia.
O protagonista, Boëtius von Orlamünde, alumno interno na exclusiva escola de Onderkuhle, ao leste de Bélxica, recibe instrución intelectual e deportiva equitación, esgrima, natación , así como unha esmerada formación en cuestións relativas ao protocolo e a etiqueta, co obxectivo último de perpetuar a orde establecida. Non obstante, o verán de 1913 tornará nun tempo de dolorosas revelacións, cun sistema de valores próximo a desaparecer e cun suxeito que ansía unha vida distinta da que os pais deseñaran para el.
Cun estilo por veces críptico e sempre incisivo, Ernst Weiß analiza polo miúdo a relación dun fillo co seu pai e, aínda que non coa mesma intensidade, tamén coa súa nai e con certas amizades. Faino a través de suxestivas reflexións e cunha inusitada forza expresiva, feito que lle reportou o recoñecemento dos seus colegas e, dende un punto de vista práctico, a concesión do prestixioso premio Adalbert Stifter.
En consecuencia, a novela constitúe un logrado exemplo de bildungsroman da literatura alemá que se conta entre os máis senlleiros de todo o século XX.

- Editorial: Huguin e Munin |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 979-13-990150-3-4 |