Horario de verán: De luns a venres de 10:30 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h. Sábados e domingos pechada. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Vista Chinesa

No ano 2014 percíbese no Río de Xaneiro a euforia pola inminente celebración do Mundial de Fútbol no Brasil e a cidade estase preparando para a acollida dos Xogos Olímpicos en 2016. Nese momento en que semella que prevalece a sensación dun tempo de esperanza, de autoestima e de felicidade social, Júlia, arquitecta, é vítima dunha brutal violación nun miradoiro do Río coñecido como Vista Chinesa. A protagonista, con intención de explicarlles á súa filla e ao seu fillo esta terrible situación vivida, crea un relato onde o tratamento do feito traumático está narrado cunha extremada delicadeza, poñendo o acento non tanto no atroz acto da propia violación como nas súas consecuencias, na profundidade da dor, nas súas dificultades por racionalizar o noxo que sente tras ser violada, no humillante e inxusto sentimento de culpa, na reacción das persoas máis próximas e tamén no trato desleixado por parte da Policía. Baseándose en feitos reais, Tatiana Salem Levy ofrécenos en «Vista Chinesa» unha excelente novela de sensibilidade e óptica feminista que dá voz a unha supervivente da violencia sexual. Unha obra ousada e a
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 128 |
  • Dimensións: 155x230 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: González Fernández, Helena |
  • ISBN: 978-84-1110-717-4 |