
Castelao escritor
Tras o pasamento de Castelao, o Consello de Galiza encargou unhas monografías a tres persoeiros galegos que daquela residían en Buenos Aires, unha delas a Blanco Amor, que redactou en decembro de 1950, desde a perspectiva dun pórtico encol da prosa galega, un estudo introdutorio destinado a unha futura antoloxía de prosistas, que quedou en proxecto, e que Ediciós do Castro deu ao prelo en 1986. Nesta edición completamos o traballo con seis artigos xornalísticos de Blanco Amor, así como co discurso, inédito, que pronunciou no enterro do rianxeiro.
- Editorial: GALAXIA |
- Páginas: 224 |
- Dimensiones: 135x210 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-1176-479-7 |