Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

O tempo e as estacións

Libros presentados ao xeito dos documentais nos que un animal, que actúa como presentador, descobre e mostra ás nenas e aos nenos o universo apaixonante que nos rodea e períodos que foron conformando a historia da humanidade e, en concreto, de Europa.
Todos eles finalizan, como recapitulación do lido e aprendido, cun léxico que recolle os termos e/ou aspectos máis significativos tratados na publicación.
O león Leonardo mostra ás nenas e aos nenos o aspecto cambiante do planeta Terra debido ás estacións e ao tempo que provocan e que afecta moi significativamente tanto a vida das persoas como dos animais.
Pódese considerar como unha chamada encuberta ao respecto necesario da natureza e da vida nos distintos lugares da nosa sorprendente e marabillosa casa común.
  • Editorial: Baía edicións |
  • Páginas: 32 |
  • Dimensiones: 205x205 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-9995-225-3 |