Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Rodríguez Rodríguez, Ánxela

Dona de nós

Gañadora do 10.º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2022
O xurado valorou na obra:
A súa proposta de revisión e reescrita da mellor tradición literaria ao incorporar como protagonistas personaxes como o mago Merlín, a fada Morgana, o Príncipe Azul ou os Reis Provenzais, creando un artefacto dramático metaliteraturizado non exento de humor e ironía, onde se visitan e actualizan temas importantes do noso tempo e de todo tempo dando unha ollada claramente identificada e feminista.

Tamén si, coa súa decisión [Ánxela Gracián] quixo apostar pola escrita teatral como xénero idóneo para achegar os valores da creación literaria e como vehículo para convidar á mocidade a coñecer e recoñecer o mundo que nos rodea, as súas problemáticas e os seus retos e os camiños aínda por andar, así como unha ferramenta para o desenvolvemento persoal.

***

A Morgana desta obra, implacable co patriarcado, asume como misión propia que as mulleres sexan donas de si. Co mago Merlín como aliado, axudará a Mendiña, unha moza fermosísima, libre e apaixonada, que vive recitando os seus poemas polo Camiño a Compostela, ata que un día, por azar, cruza cun Príncipe que, seducido pola súa beleza, valentía e naturalidade, lle pide matrimonio, negándose a casar con Mademoiselle Xuxú, unha rica princesa provenzal que resulta moi conveniente para todos.

Mais a maxia da manteiga da cacha da meiga Morgana muda os destinos, facendo que Mendiña teña a oportunidade de decidir por si mesma se quere vivir acatando as condicións de submisión que o convencional príncipe lle impón ou continuar o seu oficio de poeta e levar a poesía polo mundo.

Coa axuda da fada, a xograresa tomará a decisión máis sabia.
  • Editorial: Baía edicións |
  • Páxinas: 92 |
  • Dimensións: 130x190 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-9995-406-6 |