Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]

Locus Solus

Un destacado científico e inventor, Martial Canterel, alter ego do propio Roussel, recibe a visita dunha serie de colegas e amigos aos que guía durante un demorado paseo pola súa propiedade, o parque Locus Solus. Conforme avanza a xornada o anfitrión amósalles as súas invencións, que espalladas polo xardín a modo de marabil las, presentan uns niveis de complexidade e estrañeza cada vez maiores. Locus Solus, publicada orixinalmente en 1914, é unha das novelas máis estrañas da literatura universal. Está escrita a partir das técnicas narrativas inventadas por Roussel, onde desempeñan un papel importante os xogos de palabras. O texto, alicerzado sobre repeticións e diversas acumulacións de palabras á maneira das parénteses nos cálculos alxébricos, está considerado unha obra mestra da desestruturación. A voz de Roussel representa a independencia máis absoluta en confrontación co canon literario. Así llo recoñeceron Gide, Giacometti, Perec, Duchamp, Éluard, Breton, Foucault... É difícil falar das vangardas, especialmente do surrealismo, sen destacar a influencia que sobre estas tivo Locus Solus.
  • Editorial: Huguin e Munin |
  • Año: 2015 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-939647-4-0 |