Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

GARCIA BARROS, MANUEL

Contiños da Terra

Esta edición conta co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Entre 1920 e 1932, Manuel García Barros publicou os “Contiños da Terra” no xornal estradense El Emigrando, que despois recolleu en libro (1931 e 1952). Un conxunto de relatos de fonda raigaña costumista, irónicos e humorísticos, onde destaca a pericia na caracterización dos personaxes populares, e que lle deron gran sona.
Estes relatos foron creados non só como un simple entretemento, senón tamén como unha ferramenta instrutiva, a través do costumismo e o humor, para “afeccionar o pobo á lectura no noso idioma abríndolle camiño a cousas de máis fondura polas que era preciso facelo entrar”.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 304 |
  • Dimensións: 135x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9151-622-4 |