Horario de verán: De luns a venres de 10:30 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h. Sábados e domingos pechada. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Lema París, Samuel

Inflamable

O Inflamable supón un exercicio de desmitificación e crítica nestes tempos duros de neoconservadorismo, recentralización e axustes e que supón así mesmo unha aposta pola que se deu en chamar a función lúdica da linguaxe. Por outra banda, a iconoclastia nos mozos é unha virtude e case unha necesidade. Aconsellamos o seu emprego entre os máis novos nas clases dos institutos para achegalos á poesía a partir duns textos que conectan moi ben coa sensibilidade do alumnado adolescente e que ofrece unha visión da poesía que non coincide coa convencional que adoita aparecer nos libros de texto".
  • Editorial: Positivas |
  • Páxinas: 76 |
  • Dimensións: 220x120 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-939812-2-8 |