Caixón desastre
                            " Caixón desastre "  (seis relatos) recibiu o Premio Galicia da Universidade de Santiago e axiña conmoveu ós lectores: pola súa novidade, pola súa frescura, polo seu corrosivo humor  " simbiótico " , pola súa capacidade para observar a realidade, polo que anunciaba... Era o principio dun dos nosos narradores novos máis interesantes e de mellor aceptación popular. Esta edición de  " Caixón desastre " , o primeiro libro de Suso de Toro, sete anos despois, recupera aquela primeira frescura e amplíase con novos textos.  " De 10 a 11 "    " A paixón segundo San Mateo "  é un magnífico relato, cruel e paranoide, extraordinariamente ben construido;  " Aquí somos así, positivamente "  quizais sexa o preferido do autor, e  " Efecto astronauta "  cerra a mostra de quen é xa, sen dúbida, un dos nosos escritores máis sobresalientes.
                        
                        - Editorial: Xerais |
 - Ano: 2015 |
 - Dimensións: 130x210 |
 - Idioma: Galego |
 - Tradución: Queipo, Xabier |
 - Ilustración: 11,68 |
 - ISBN: 978-84-7507-475-7 |