Quen somos

Pablo Cayuela

Socio traballador (Madrid, 1984). Montador de vídeo e colorista. Foi membro do Cineclube de Compostela e dirixiu con Xan Gómez o filme Fóra. Especializado en posprodución e exhibición dixital, tarefas que desenvolve na área de vídeo do Laboratorio NUMAX.

Olalla Cociña Lozano

Socia traballadora (Viveiro, 1979) Licenciada en Ciencias da Comunicación pola USC e docente. Coordina e deseña procesos de comunicación e marketing para a cooperativa.

Antonio Doñate

Socio traballador (Madrid, 1969). Licenciado en Belas Artes. Mantivo o estudio Don Gráfica ata a súa entrada na cooperativa. Coasinou a revista Luzes, foi responsable gráfico do MARCO, Culturgal ou o Festival Sinsal. Especializado en deseño de marca e editorial, traballa na área de Gráfica.

Marcos Flórez

Socio traballador (Madrid, 1983). Montador de cinema e vídeo. Diplomado pola ECAM na especialidade de montaxe. Dirixiu de forma colectiva os filmes Up against the wall motherfuckers! e Volontè. Está especializado na edición de longametraxes que desenvolve dentro da área de vídeo do Laboratorio.

Clara García Nieto

Socia traballadora (A Coruña, 1982). Postprodutora de vídeo e docente na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Dentro da cooperativa compaxina o seu traballo no cinema con tarefas de postprodución na área de vídeo do Laboratorio.

Avelino González Ordóñez

Socio traballador (Ayer, 1986). Licenciado en Economía. Participou nos programas de asesoramento a pemes do IGAPE e a cooperativas de Espazocoop. Encárgase do traballo administrativo da cooperativa.

Xan Gómez Viñas

Socio traballador (A Capela, 1982). Licenciado en xornalismo e investigador, é doutor en Comunicación pola USC cunha tese sobre o cinema en Galicia nos anos 70. Foi membro do Cineclube de Compostela e dirixiu canda Pablo Cayuela o documental Fóra. Actualmente é programador do Cinema NUMAX.

X. Carlos Hidalgo

Socio traballador (A Guarda, 1982). Licenciado en Xornalismo. Traballou como deseñador gráfico no estudio de Uqui Permui, na revista Luzes e agora coordina a área de gráfica e deseño web do Laboratorio.

Margarita Ledo Andión

Socia colaboradora (Castro de Rei, 1951). Catedrática de Comunicación Audiovisual da USC, escritora, cineasta e membro da Real Academia Galega. Premio Nacional da Cultura Galega 2008 na modalidade de cinema e audiovisual. En 2020 dirixiu a súa cuarta longametraxe como directora: Nación.

Adrián Pardellas Blunier

Socio traballador (Palas de Rei, 1989). Desenvolvedor web. Desde os 20 anos compaxinou a formación co traballo como programador en diversos proxectos ata entrar na Navalla Suíza. Actualmente encárgase do desenvolvemento web no Laboratorio NUMAX.

Iria Silvosa Peteira

Socia traballadora (Vilalba, 1992). Graduada en Comunicación Audiovisual e especializada en edición, combina a rama cinéfila coa educativa, desenvolvendo proxectos de alfabetización cinematográfica. No campo da creación dirixe as súas propias pezas, centradas nos soportes analóxicos, e traballou na montaxe de filmes como A estación violenta, de Anxos Fazáns.

Mariña de Toro Cuns

Socia traballadora (Santiago de Compostela, 1986). Licenciada en Comunicación Audiovisual. Traballou como técnica en cinema, teatro e televisión. Actualmente é libreira e responsable de actividades da Libraría NUMAX.

María Villamarín

Socia traballadora (Xinzo de Limia, 1989). Licenciada en xornalismo e especializada en estudos da cultura e da literatura, traballou na comunicación de diversos proxectos culturais e publicou en 2023 a novela Diario de dúas casas. Na actualidade, é libreira na cooperativa, onde participa tamén da xestión de redes sociais e comunicación do proxecto.