Woman Unknown
- Estrea
- DCP2K
- VOSE
Woman Unknown
- Estrea
- DCP2K
Primavera de 1945, Dinamarca celebra a liberación, mentres para Marie comeza o momento máis perigoso da súa vida. Serventa a piques de casar co seu patrón viúvo, oculta que amou un soldado alemán durante a ocupación. Se ese pasado sae á luz, pode perdelo todo e sufrir a humillación das mulleres acusadas de colaborar co inimigo. O cinema de May el-Toukhy non precisa levantar a voz: a súa dureza nace da precisión coa que a violencia se filtra en conversacións amables e xestos aparentemente civilizados. Unha impresionante Mathilde Arcel, Copa Volpi á mellor actriz, refusa calquera comodidade moral: Marie teme, mente e toma decisións difíciles de xustificar. A directora permanece ao seu lado sen absolvela nin condenala, e converte o seu corpo no lugar onde unha sociedade descarga a culpa que non está disposta a recoñecer como propia.
- Título orixinal: Woman Unknown
- Ano: 2026
- Duración: 124 minutos
- Idioma orixinal: Danés
- Dirección: May el-Toukhy
- Guión: Maren Louise Käehne, May el-Toukhy
- Elenco: Mathilde Arcel, Carsten Bjørnlund, Sofia Nolsøe, Marie Askehave, Mikael Birkkjær, Anders Brink Madsen, Joen Højerslev, Marina Bouras
- Montaxe: Rasmus Stensgaard Madsen
- Son: Morten Pilegaard, Oskar Skriver, Jarl Stæhr Rødtnes, William Lund Nielsen
- Música: Mikkel Hess
- Fotografía: Jasper J. Spanning
- Produtora: Nordisk Film Production, Nafta Films, Nordisk Film Production Sverige, Film i Väst
- Distribuidora: Karma