Un bon petit soldat

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE
Proximamente

Un bon petit soldat

  • Estrea
  • DCP2K

Thriller magnético sostido polas brillantes interpretacións de Alba Rohrwacher e Vincent Lindon que se adentra nas dinámicas do mundo corporativo seguindo a Carla, unha executiva de alto rango nunha compañía de seguros. Cando asume a dirección de Recursos Humanos, debe levar a cabo a imposible tarefa de velar polo benestar dos seus empregados e, ao mesmo tempo, cumprir os obxectivos de rendemento impostos pola empresa. Brizé imprime un ritmo eléctrico a esa espiral de esixencias, que leva a Carla ao límite e confróntaa con todo o que sacrificou na súa vida persoal e coa humanidade que foi perdendo para seguir sostendo un sistema hipócrita e cruel. 

  • Título orixinal: Un bon petit soldat
  • Ano: 2026
  • Duración: 101 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Stéphane Brizé
  • Guión: Stéphane Brizé, Coralie Amedeo, Olivier Gorce
  • Elenco: Alba Rohrwacher, Vincent Lindon, David Talbot, Adrien Bobinet, Sharif Andoura, Philippe Pollet-Villard, Alexandra Clert, Yasmine Malek
  • Montaxe: Géraldine Mangenot
  • Música: Bertrand Blessing
  • Fotografía: Antoine Héberlé
  • Produtora: Gaumont, France 3 Cinéma
  • Distribuidora: BTeam