Sonido mosca

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE

Sonido mosca

  • Estrea
  • DCP2K

A década dos sesenta foi unha época onde a ditadura e a represión dominaban a vida social e cultural española. Porén, unha chea de mozos enfrontáronse á orde establecida por amor ao rock and roll, que a contagotas chegaba aos seus ouvidos. Pero tamén foi unha época en que todo estaba por facer e descubrir, como o caso da empresa Sinmarc, pioneiros dos amplificadores para instrumentos en todo o país, que desde Poble Sec (Barcelona) se atraveron cos xigantes do sector como Fender ou Marshall, por exemplo. A historia de Sinmarc estivo intimamente ligada con Los Salvajes, un dos grupos pioneiros de rock en Cataluña, e aos poucos, comezaron a fabricar amplificadores para a maoría das bandas de Barcelona e para toda a península a partir da década os setenta.

A proxección inclúese dentro da programación do Outono Códax Festival e contará con presentación e coloquio co seu autor. Entradas gratuítas até completar aforo.

  • Título orixinal: Sonido mosca
  • Ano: 2019
  • Duración: 107 minutos
  • Idioma orixinal: Catalán
  • Dirección: Nando Caballero
  • Guión: Nando Caballero
  • Participación: Avel·lí Costa, Delfín Fernández, Andrés Gonzalez, Julián Moreno, Sebastià Sospedra
  • Fotografía: Nando Caballero, Dani Díaz, Mar Saura, Helena Torrent
  • Produtora: La Produktiva Films (España)