Resurrection / Resurrección
- Estrea
- DCP2K
- VOSE
-
- VOSE
Resurrection / Resurrección
- Cineuropa 2025
- Estrea
- DCP2K
Nun futuro no que a maioría da humanidade perdeu a capacidade de soñar, unha muller descobre que un ser extraordinario pode seguir percorrendo os mundos oníricos que os demais xa non poden alcanzar. Empregando o seu poder para adentrarse na mente do ser, accede ás súas visións sobre a historia chinesa, atravesando épocas, cinema e memoria. En cinco capítulos sensoriais, Resurrección opera como unha odisea visual sobre o cinema, o soño e a procura da eternidade.
Bi Gan é un director de cine, guionista, poeta e fotógrafo chinés. Debutou no mundo da curtametraxe de ficción con South. Dous anos despois realizou unha peza en branco e negro, Diamond Sutra, que foi considerada a mellor curta no 9º Festival de Cine Independente de China. A súa primeira longa, Kaili Blues, recibiu varios galardóns internacionais, entre eles o de Mellor Director nos Premios Cabalo de Ouro, o Premio FIPRESCI e o Montgolfière de Ouro. En 2018 escribiu e dirixiu a súa segunda película, Longa viaxe cara á noite, que tivo un exitoso percorrido por festivais de todo o mundo.
- Título orixinal: Resurrection
- Ano: 2025
- Duración: 160 minutos
- Idioma orixinal: Chinés
- Dirección: Bi Gan
- Guión: Bi Gan
- Elenco: Jacson Yee, Shu Qi, Mark Chao, Li Gengxi, Hao Lei, Zhang Yi
- Música: M83
- Fotografía: Dong Jingsong
- Produtora: Dangmai Films, Huace Pictures, CG Cinéma, arte France Cinéma (China)