Pippi e o señor sen sono + A viaxe de Bu
- Estrea
 - DCP2K
 - +4
 - VE
 
Pippi e o señor sen sono + A viaxe de Bu
- Petís NUMAX
 - Estrea
 - DCP2K
 - +4
 
Como viven as nenas e nenos a chegada dun novo irmán? Ven descubrir dúas fermosas historias para os máis pequenos cargadas de valores sobre as relacións entre irmáns.
Pippi e o señor sen sono. Edmunds Jansons, Letonia, 2017, 25'
Este ano todo vai mal. Na vida de Pippi apareceu un irmanciño que o pon todo patas arriba. Coa axuda do seu amigo imaxinario, o Señor Sen Sono, crearán un plan para salvar as vacacións de Nadal.
A viaxe de Bu. Julien Bisaro e Sonja Rohleder, Francia, 2019, 26’
Bu, a pequena curuxa, acaba de saír da casca cando unha tormenta a saca do niño. Xunto ao seu irmanciño aínda no ovo, irán na procura dunha nova nai.
- Título orixinal: Bize un Negula + L'Odyssée de Choum
 - Ano: 2020
 - Duración: 51 minutos
 - Idioma orixinal: Español
 - Dirección: VV.AA.
 - Distribuidora: Rita & Luca Films