Os nenos do paraíso
- Repertorio
- DCP2K
- VOSE
Pase único 26 de maio
Os nenos do paraíso
- Filmes contra a guerra
- Repertorio
- DCP2K
Un grupo de nenos sobrevive como pode no Xapón da posguerra a tavés do mercado negro. Cando se encontran cun soldado expatriado que vaga polo país, deciden unirse a el, co obxectivo de chegar a unha escola especial para orfos do conflito.
O gran cineasta xaponés Hiroshi Shimizu, coñecido especialmente pola súa capacidade para rodar con actores mozos non profesionais, roda en 1948 unha emocionante road movie que inclúe unha sorprendente secuencia gravada nas ruínas de Hiroshima.
- Título orixinal: Hachi no su no kodomotachi
- Ano: 1948
- Duración: 84 minutos
- Idioma orixinal: Xaponés
- Dirección: Hiroshi Shimizu
- Guión: Hiroshi Shimizu
- Elenco: Gosho Shoichi, Natuski Masako, Sadao Nakamura, Shunsaku Shimamura, Shinichiro Kubota, Yoshikatsu Chiba, Yotaka Iwamoto, Kiyoshi Kawanishi, Hiroyuki Mihara, Wataru Yaguchi, Kiyoshi Taira, Kiyomi Imoto, Gen Tajima, Shintarô Uetani, Yoshio Hazama
- Son: Tsunesaburô Kanaya, Hajime Kimura, Masaaki Sugiyama
- Música: Senji Ito
- Fotografía: Saburo Furuyama
- Distribuidora: Penteo Films