Filmes contra a guerra

En carteleira

Ver a programación
Pase único 5 de novembro | Presenta Xoán Fernández Diz

Rapsodia en agosto

Akira Kurosawa

Fonda reflexión sobre o holocausto nuclear de Nagasaki desde o punto de vista dunha supervivente e os seus catro netos. Entre sorrisos e bágoas, a avoa lembra a historia da súa familia e da sociedade xaponesa do seu tempo, tentando comprender mellor o pasado e o presente. Ler máis

Filmes xa programados

O gran ditador

Charles Chaplin

Un humilde barbeiro xudeu que combateu co exército de Tomania na Primeira Guerra Mundial volve á súa casa anos despois da fin do conflito. Amnésico a causa dun accidente de avión, non recorda practicamente nada da súa vida pasada. Ler máis

Os nenos do paraíso

Hiroshi Shimizu

Un grupo de nenos sobrevive como pode no Xapón da posguerra. Cando se encontran cun soldado expatriado que vaga polo país, deciden unirse a el, co obxectivo de chegar a unha escola especial para orfos do conflito. Ler máis