O silencio herdado
- Estrea
- DCP2K
- VO
O silencio herdado
- Cineuropa 2025
- Estrea
- DCP2K
Como falar do que non se conta? Lucía achégase á súa avoa Edilia na procura de respostas, mais só atopa silencio. Un silencio denso, doloroso, imposible de romper. Cando comprende que Edilia nunca lle dará as respostas que busca, ambas exploran os límites da palabra e da imaxe, convertendo ese silencio no seu lugar de encontro.
Lucía Dapena é unha cineasta galega especializada en cinema documental, formada na Universidade Pompeu Fabra. É cofundadora de La Selva. Ecosistema Creatiu, plataforma dedicada á creación e produción audiovisual. Como directora e guionista, participou no filme colectivo Disonar (2022), proxectado en certames como a Biennal del Pensament e a Mostra de Films de Dones de Barcelona ou MIDBO. É tamén coguionista da longametraxe On eres quan hi eres?, dirixida por Jana Montllor.
O pase contará con presentación previa a cargo da súa directora.
- Título orixinal: O silencio herdado
- Ano: 2025
- Duración: 83 minutos
- Idioma orixinal: Varios idiomas
- Dirección: Lucía Dapena
- Guión: Lucía Dapena, Liliana Díaz Castillo
- Montaxe: Juan Soto Taborda, Liliana Díaz Castillo
- Fotografía: Lucía C. Pan, Lucía Dapena
- Produtora: Lucía Dapena, Paulina Martinez, Matheus Mello, Suso López (España)