O gatopardo

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE
Pases únicos 28 e 30 de xullo

O gatopardo

É a época da unificación de Italia arredor do Piamonte, cuxo artífice foi Cavour. A acción desenvólvese en Palermo e os protagonistas son don Fabrizio, Príncipe de Salina (Burt Lancaster), e a súa familia, cuxa vida se ve alterada tras a invasión de Sicilia polas tropas de Garibaldi (1860). Para se afastar dos disturbios, a familia refúxiase na casa de campo que posúe en Donnafugata en compaña do mozo Tancredi (Alain Delon), sobriño predilecto de Don Frabrizio e simpatizando do movemento liberal de unificación.

O filme terá dúas proxeccións no ciclo 10/10. As espectadoras presentan no que, dentro da celebración do décimo aniversario da cooperativa, convidamos as dez usuarias máis habituais da sala a seleccionar e programar unha película. Neste caso a programadora é Marta García-Brabo Beiras.

  • Título orixinal: Il gattopardo
  • Ano: 1963
  • Duración: 186 minutos
  • Idioma orixinal: Italiano
  • Dirección: Luchino Visconti
  • Guión: Suso Cecchi d'Amico, Pasquale Festa Campanile, Massimo Franciosa, Enrico Medioli, Luchino Visconti. Novela: Giuseppe Tomasi di Lampedusa
  • Elenco: Burt Lancaster, Claudia Cardinale, Alain Delon, Paolo Stoppa, Rina Morelli, Romolo Valli, Terence Hill, Pierre Clémenti
  • Montaxe: Mario Serandrei
  • Vestiario: Piero Tosi
  • Son: Mario Messina
  • Música: Nino Rota
  • Fotografía: Giuseppe Rotunno
  • Produtora: Goffredo Lombardo (Italia)
  • Distribuidora: Penteo Films
Cannes 1963 (Mellor Filme), Oscar 1963 (Mellor Vestiario)