O corpo aberto

  • Estrea
  • DCP2K
  • +16
  • VO

O corpo aberto

  • Estrea
  • DCP2K
  • +16

1909. Miguel, un profesor mozo, é destinado a unha pequena vila de montaña na fronteira entre España e Portugal: Lobosandaus, unha aldea inhóspita e de tradicións ancestrais. É un home de razón, pero non pode controlar os seus desexos paixonais e, conforme se achega o inverno, sente como a escuridade se apodera de todo arredor del á vez que medra a súa fascinación pola enigmática Dorinda. Nun lugar dominado pola superstición, a estraña morte dun veciño da aldea libera un espírito libre en busca dun corpo que lle permita seguir coa súa existencia, que levará a Miguel a cuestionar os límites entre o mundo dos vivos e os mortos.

Xoves 30 de marzo | 21:45 | Presentación e coloquio con Diego Staub e Gaspar Broullón

  • Título orixinal: O corpo aberto
  • Ano: 2022
  • Duración: 91 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Ángeles Huerta
  • Guión: Ángeles Huerta, Daniel García
  • Elenco: Tamar Novas, Victória Guerra, María Vázquez, Federico Pérez, Elena Seijo, Miquel Insúa, José Fidalgo, Nicolás Otero, Izan González
  • Montaxe: Sandra Sánchez
  • Dirección de arte: Antonio Pereira
  • Son: Diego Staub, Jordi Rossinyol
  • Música: Mercedes Peón
  • Fotografía: Gina Ferrer
  • Produtora: Ollovivo, Fasten Films e Cinemate
  • Distribuidora: Filmax
Mestre Mateo 2023 (12 premios, incluídos mellor filme, dirección, guión e actor principal)