Nova 78'

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE

Máis sesións

Nova 78'

William S. Burroughs, Patti Smith, Allen Ginsberg, Laurie Anderson, Frank Zappa, Philipp Glass, John Cage e Merce Cunningham, entre outros artistas underground dos 70, conforman o impresionante cartelazo de Nova '78, documental que recupera a gravación perdida do mítico evento homónimo que tivo lugar nun Nova York en plena efervescencia.

No centro, William S. Burroughs, artífice da convención e referente absoluto para os beatniks. Un pensador único, abandeirado da arte transgresora e política, e como ben mostra o documental grazas ás imaxes de arquivo restauradas por Aaron Brookner (Uncle Howard), un inconformista nato. Desde o magnífico recital poético de Allen Ginsberg até as descarnadas cancións de Patti Smith, Nova '78 revélase como unha lección maxistral de contracultura. Un documental que só é posible visionar nun estado de absoluta fascinación.

  • Título orixinal: Nova 78'
  • Ano: 2025
  • Duración: 78 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Rodrigo Areias, Aaron Brookner
  • Guión: Rodrigo Areias, Aaron Brookner
  • Participación: William S. Burroughs, Lenny Kaye, Patti Smith, Laurie Anderson, Frank Zappa, Julia Heyward, Timothy Leary, Anne Waldman, Merce Cunningham, Allen Ginsberg
  • Montaxe: Tomás Baltazar, Aaron Brookner
  • Son: Pedro Marinho
  • Música: Paulo Furtado
  • Fotografía: Howard Brookner, Tom DiCillo, James A. Lebovitz
  • Produtora: Bando à Parte, Pinball London (EEUU)
Festival de Locarno (Fóra de Concurso), MoMA Doc Fortnight 2026 (Sección Oficial), Festival de São Paulo (Sección Internacional)