No Home Movie

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE

No Home Movie

No Home Movie ten a proximidade dun filme doméstico e as súas maneiras para rexistrar os últimos días da nai da directora, supervivente polaca de Auschwitz. Un vínculo roto que supón a perda definitiva do fogar para Akerman, nómade por vocación e, a partir de agora, sen remedio.

O filme estrutúrase a partir de entrevistas a Natalia Akerman, unha muller xa moi maior e supervivente da II Guerra Mundial e o nazismo, realizadas pola súa filla antes de que a súa nai morrera no ano 2013.

  • Título orixinal: No Home Movie
  • Ano: 2015
  • Duración: 115 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Chantal Akerman
  • Guión: Chantal Akerman
  • Montaxe: Claire Atherton
  • Fotografía: Chantal Akerman
  • Distribuidora: Filmin
Competición internacional Locarno 2015