Negu Hurbilak

  • DCP2K
  • +12
  • VOSE

Negu Hurbilak

No 2011 o prolongado conflito que vive o País Vasco semella chegar á súa fin. Unha moza foxe cun claro obxectivo: cruzar a fronteira, a "muga", porque sabe que iso a poderá levar lonxe do seu lugar de orixe, onde xa non está segura. No medio da súa fuxida chega a Zubieta, unha vila fronteiriza onde antigos mitos e conflitos modernos parecen converxer. Agochada no faiado dunha das casas da vila comeza a observar un cotián aparentemente inmóbil como a pedra. Co paso do tempo, un tempo difuso e indefinido, onde os días se converten en noites e as noites en días, a súa fuxida comeza a ser cada vez máis densa e labiríntica.

  • Título orixinal: Negu Hurbilak
  • Ano: 2023
  • Duración: 90 minutos
  • Idioma orixinal: Euskaro
  • Dirección: Colectivo Negu, Ekain Albite, Nicolau Mallofré, Adrià Roca, Mikel Ibarguren
  • Guión: Ekain Albite, Mikel Ibarguren, Nicolau Mallofré, Xalba Ramirez, Adrià Roca
  • Elenco: Jone Laspiur
  • Fotografía: Javi Seva
  • Produtora: Cornelius Films, Maluta Films
  • Distribuidora: Begin Again
Locarno 2023 (Mención especial); SEMINCI 2023; Márgenes 2023