La Jetée + A embaixada + A sexta cara do pentágono
- Repertorio
- DCP2K
- VOSE
-
- VOSE
La Jetée + A embaixada + A sexta cara do pentágono
- Foco Chris Marker
- Repertorio
- DCP2K
La Jetée
La Jetée | Chris Marker | 28 min | 1968
Tras unha apocalíptica guerra nuclear, o mundo ficou devastado. Un grupo de científicos do bando vencedor chega á conclusión de que o único modo de salvar a humanidade é recorrendo ás viaxes a través do tempo: ou ben mandar unha persoa ao pasado para pedir axuda, ou ao futuro para buscar unha solución á situación presente. O elixido para realizar a viaxe a través do tempo é un prisioneiro. Singular filme de ciencia-ficción que inspirou 12 Monos, de Terry Gilliam.
A embaixada
L'Ambassade | Chris Marker | 20 min | 1973
Unha resposta inesperada ao golpe de estado de Pinochet en Chile en 1973. Unha película en Super-8 aparentemente encontrada nunha embaixada, onde activistas políticos se refuxian tras un golpe de estado militar. Pero os acontecementos —e a súa ambientación — non son o que parecen a primeira vista.
A sexta cara do pentágono
La Sixième Face du Pentagone | Chris Marker | 25 min | 1969
Documental excepcional sobre a marcha pola paz por parte de mozos e mozas estadounidenses en oposición á guerra de Vietnam en outubro de 1967. O movemento pola paz, representou diferentes correntes de opinión e manifestou un sentimento de repudio xeralizado pola xuventude do momento.
- Título orixinal: La Jetée + L'Ambassade + La Sixième Face du Pentagone
- Ano: 1968
- Duración: 73 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: Chris Marker
- Produtora: Argos Films (Francia)
- Distribuidora: Proserpa Films