Jacob, Mimi e os cans do barrio
- Estrea
 - DCP2K
 - +6
 - VOSE
 
Jacob, Mimi e os cans do barrio
- Petís NUMAX
 - Estrea
 - DCP2K
 - +6
 
Jacob vive na cidade e soña converterse en arquitecto coma o seu pai. Un día, o seu atarefado pai ten que marchar durante unha semana por unha viaxe de traballo e o rapaz fica coa súa curmá Mimi e o seu tío Águila no barrio antigo de Riga, Maskachka. En canto chega, un rico home de negocios empeza a escavar o parque central para construír un rañaceos. Jacob e Mimi deciden paralo pero só poderán facelo coa axuda dunha manda de cans que... poden falar!
O filme será proxectado en versión orixinal subtitulada polo que o recomendamos para nenos e nenas iniciadas na lectura
- Título orixinal: Jēkabs, Mimmi un runājošie suņi
 - Ano: 2019
 - Duración: 70 minutos
 - Idioma orixinal: Letón
 - Dirección: Edmunds Jansons
 - Guión: Liga Gaisa, Edmunds Jansons
 - Montaxe: Edmunds Jansons, Michal Poddebniak
 - Dirección de arte: Elina Braslina
 - Son: Ģirts Bišs
 - Música: Krzysztof A. Janczak
 - Produtora: Atom Art, Letko
 - Distribuidora: Pack Màgic