Hoxe e o resto do mundo

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO
Proximamente

Hoxe e o resto do mundo

A través dun amplo arquivo familiar, con imaxes domésticas e materiais inéditos, Cecilia Díaz Betz reconstrúe a traxectoria vital e artística dos seus avós, Isaac Díaz Pardo e Mimina Arias de Castro, figuras fundamentais da cultura galega contemporánea e impulsores do Laboratorio de Formas e de Sargadelos. O documental percorre a súa historia entre Galicia e o exilio arxentino, e explora a súa contribución á arte, o deseño, a arquitectura e o pensamento de vangarda. Desde unha perspectiva íntima e familiar, a película recupera tamén a memoria dunha época marcada pola Guerra Civil, o exilio e a reconstrución cultural de Galicia.

Cecilia Díaz Betz é fotógrafa e realizadora. A súa traxectoria está marcada pola transversalidade entre fotografía, audiovisual e arquivo. En 2020 realizou As miradas de Isaac, unha videoinstalación específica para a Cidade da Cultura que serviu de punto de partida para a súa primeira longametraxe documental, Hoxe e o resto do mundo.

  • Título orixinal: Hoxe e o resto do mundo
  • Ano: 2026
  • Duración: 93 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Cecilia Díaz Betz
  • Guión: Cecilia Díaz Betz
  • Participación: Isaac Díaz Pardo, Mimina Arias de Castro
  • Montaxe: Diana Toucedo
  • Fotografía: Alicia Francés
  • Produtora: Daniel Froiz
Xixón 2026 (Sección Esbilla)